martes, 11 de junio de 2013

XXVIII FESTIVAL INTERCÉLTICO DO MORRAZO



BASES: Intercéltico do Morrazo/FIM 2013

Teranse en conta as formacións que cumpran as seguintes características
– Bandas formadas por non mais de 6 integrantes.
– Repertorio basado na música tradicional galega
– Repertorio orixinal. Non serán admitidas versións.
– Non ter tocado con anterioridade no FIM.

Condicións
– Non se aboará caché aos grupos noveis.
– Só será seleccionada unha formación novel por dia.
– Este concurso pode ser declarado deserto se a dirección do FIM 2013 así o estima oportuno
– Os grupos seleccionados interpretarán 30 minutos do seu repertorio antes da actuación do grupo principal.
– Aboaráselle 250€ a cada formación en concepto de gastos de desprazamento e manutención.
– As formacións aparecerán no cartaz oficial do FIM 2013 así como en todas as comunicacións a prensa que se emitan dende a dirección do FIM 2013.
– Os equipos de son e luz, así como os técnicos, serán postos polo FIM.
– As formacións deberán adaptarse ás condicións técnicas que dispoña a dirección do FIM 2013, que serán as mesmas que empreguen os grupos profesionais. Envío de material

– Enviaranse dúas maquetas do grupo a esta dirección: comunicacion.interceltico@gmail.com en formato mp3 ou similar. Tamén existe a posibilidade de enviar ligazóns de vídeos (youtube, vimeo...) – Envío dun pequeño texto detallando o tipo de música do grupo, os e as integrantes e outros aspectos salientables.

Data límite presentación das maquetas: 2 de xullo
Para más información, puedes dirigirte a MÚSICA EN GALEGO